Friday 10 de May de 2024

As tres bibliotecas municipais adaptan o seu horario ao verán


A da Laracha abrirá de 9:00 a 14:00 h. As de Caión e Paiosaco, de 10:00 a 13:00 h

As tres bibliotecas municipais que existen en cada un dos núcleos urbanos do concello adaptarán desde o luns -26 de xuño- o seu horario á época estival, durante a que estarán abertas ao público de luns a venres en horario de mañá.

A da Laracha -situada na Praza Les Sables d’Olonne, xunto ao IES Agra de Leborís-, que é a principal biblioteca do municipio por amplitude, colección literaria e número de usuarios, abrirá desde as 9:00 e ata as 14:00 horas.

No caso das de Paiosaco (centro sociocultural da Porta Santa) e Caión (centro sociocomunitario), o horario será de 10:00 a 13:00 horas.

Nas tres instalacións ofrécense a calquera persoa os servizos de consulta de libros, acceso gratuíto a internet e lectura dos xornais do día. Ademais, os socios poden acceder, tamén de xeito gratuíto, aos servizos de préstamo de libros e material audiovisual.

Estes horarios manteranse ata o 7 de setembro, coincidindo co inicio do próximo curso escolar nos centros educativos.